San Pedro de Vilas

Punto de interés: San Pedro de Vilas

Tipo: Capelas e Ermidas

Dirección aproximada:
Monte de Vilas, Asados
(42.664186, -8.794233)

Descripción:
Preto do lugar de Vilas, no medio do monte, atópase a rústica capela de San Pedro, rodeada dunha fraga de piñeiros nun entorno agreste na que anualmente se celebra a Romaría do San Pedro de Vilas. Con apenas 10 metros de lonxitude, consta de dous corpos para nave e altar comunicados por arco de medio punto moi deformado. O teito é de madeira e presenta tribuna tamén de madeira. Foi reconstruída no ano 1671, polo que a súa orixe debe ser moi antiga.