Castelo da Lúa

Punto de interés: Castelo da Lúa

Tipo: Pazos

Dirección aproximada:
Aldea Pazo, 167, 15920 Rianxo, A Coruña, España
(42.662968, -8.815009)

Descripción:

Mesmo na desembocadura do río Te, preto do lugar do Pazo, atópase este xacemento, o único conservado da Idade Media. Situado no contorno do Paseo Marítimo da Torre, está preto da praia do Pazo e no mesmo promontorio está construído o Porto do Pazo. A documentación escrita indica que foi erixida, probablemente no século XIII, por Paio Gómez Charino, derrubada polos Irmandiños en torno a 1465 e reedificada de novo por Suero Gómez de Soutomaior, bisneto do anterior. As noticias conservadas sinalan o 1480 como o ano en que é novamente derrubada polo gobernador real Fernando Acuña. Recentemente foi escavado e está proxectada a súa posta en valor.

http://omarfeitotradicion.gal/castelodalua