Pazo dos Calote

Punto de interés: Pazo dos Calote

Tipo: Pazos

Dirección aproximada:
Capela, 92-96, 15984 Rianxo, La Coruña, España
(42.692509, -8.795555)

Descripción:

Este fermoso pazo do lugar da Capela, na parroquia do Araño, foi restaurado recentemente para albergar un negocio de eventos e restauración. A fachada está formada por catro arcos de medio punto e un carpanel sobre columnas toscanas, enriba dos que se alza unha balcoada con balaustrada de pedra. Foi construido en 1628. Conta cun brasón da Casa de Soutomaior e de Xunqueiras. En 1630 foi construida na mesma finca, por orde de don Juan de Santiago Figueroa, canónigo da catedral de Santiago, unha capela pertencente ós mesmos señores e que da lugar ó topónimo do lugar. Cóntase no lugar que existe un pasadizo subterráneo que o une coa igrexa.