Cruceiro da Laxe Pequena

Punto de interés: Cruceiro da Laxe Pequena

Tipo: Cruceiros

Dirección aproximada:
Lugar Laxe, 9, 15985 Rianxo, A Coruña, España
(42.676897, -8.812565)

Descripción:

É moi antigo, probablemente do século XVI. Elévase sobre plataforma cadrangular de tres graos. O fuste é de sección cadrada con chafráns, e está decorado con cunchas de vieira. A Capela, moi ornamentada, ten base troncopiramidal invertida, con anxos en tres das catro caras. O tellado é a tres augas e a bóveda nervada. Nas caras exteriores da capela ten baixorelevos de Santiago matamouros, Cristo cunha cruz camiño do Calvario e San Francisco. No interior da capela ten unha imaxe da Virxe de Guadalupe.